Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

viernes, 24 de febrero de 2012

24 de febreiro "Día de Rosalía"

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza hoxe, coincidindo coa data do seu nacemento,  unha lectura simultánea de textos de Rosalía de Castro en oito vilas e cidades galegas para pedir o recoñecemento oficial da obra da poetisa  e a súa transmisión didáctica ás novas xeracións. Solicitarase tamén que o Día de Rosalía pase a formar parte do calendario escolar, para que con ese motivo todos os centros escolares promovan actividades didácticas que actualicen e dean difusión ao seu pensamento.
 Biografía de Rosalía e outros  poemas.
Se picades nos nomes das poesías poderedes leelas e escoitalas...
"Adiós ríos, adiós fontes"
"Negra sombra"
Agradecemos os enlaces ao Blogue "Mi rincón de Poemas".

No hay comentarios:

Publicar un comentario