Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

jueves, 21 de marzo de 2013

Día da árbore

Hoxe celebramos o Día da Árbore e non hai mellor homenaxe que ler un dos moitos libros que temos na nosa biblioteca. O Carballo.
O carballo é unha árbore emblemática de Galicia.
Neste libro de Calros Silvar, o Carballo cóntanos como é a súa vida                   
e as relacións cos demais seres vivos do seu  ecosistema, con quen se
 leva mellor e quen o amola. Tamén nos recorda o importante que foi 
e é para as persoas, e como estas son na actualidade o seu maior inimigo.
Alerta dos perigos que o axexan no presente e fai unha chamada para 
procurar a súa defensa como un piar básico da conservación da natureza.

Finalmente, achegándose ao terreo cultural, explica os usos que as persoas fixeron deles e a importancia que en determinados aspectos tiveron para a evolución de moitos pobos e a súa pegada na cultura popular.
Convén salientar tamén, e de forma moi especial, o magnífico traballo de ilustración do seu autor, poñendo en evidencia o alto nivel da ilustración da natureza no noso país, onde Calros Silvar destaca por méritos propios.
Calros Silvar é integrante da Fundación Fragas do Mandeo e neste curso agasallounos cos magníficos cromos que ilustran o álbum "Custodiamos a biodiversidade da natureza de As Mariñas" dentro do proxecto Voz Natura no que participa o noso centro.
O Carballo é un libro para ver, ler e compartir.
Podedesde velo no ricón de Voz Natura da biblioteca.
Edita Bahía Edicións



No hay comentarios:

Publicar un comentario